Black Brant

Un Black Brant 12 durante a engalaxe.

Black Brant é o nome dunha familia de foguetes sonda do Canadá desenvolvidos nos anos 1950 e que seguen operativos.

A orixe dos foguetes Black Brant está no requirimento por parte do goberno do Canadá, en 1957, dun foguete sonda para estudar a ionosfera co fin de mellorar as comunicacións militares. A empresa elixida para facer o deseño foi Bristol Aerospace. O deseño inicial resultou nun foguete relativamente pesado pola robustez necesaria para soportar diferentes tempos de combustión, carga de propelente e ángulos de lanzamento. O foguete final, de produción, resultou máis lixeiro.

Co tempo desenvolvéronse variantes para o uso de distintos motores, propelentes e etapas. Os distintos tipos de foguete poden levar cargas desde 70 a 850 kg a alturas de entre 150 e 1500 km, con ata 20 minutos de microgravedade para facer observacións e experimentos. Usan os motores 9KS11000, 23KS20000, 26KS20000, 15KS25000, 12KS10000 e 9KS1660.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy